O Grupo de Investigación HealthyFit da Universidade de Vigo reúnense para realizar investigación no ámbito do exercicio físico e o deporte; formulan un ou varios problemas que son do seu interese, traza un plan estratéxico a longo ou medio prazo en busca duns resultados de coñecemento sobre o tema en cuestión.

Este grupo existirá sempre e cando demostre producción de resultados tanxibles e verificables, froito de proxectos e doutras actividades de investigación convintemente expresadas nun plan de acción (proxectos) debidamente formalizado. Estes foros e seguiran sendo as nosas pautas de actuación que se resumen, ata o de agora,  nos seguintes proxectos de investigación:

1. Proxecto de Investigación en Desenvolvemento.

  • 2011-2013. Cohorte dinámica de estudantes universitarios para estudo do consumo de drogas e outras adiccións. Ministerio de Sanidad, politica social e igualdad.
  • 2010-2011. Efecto da intervención acuático en Parkinsonianos. Estudio Piloto. APGB.
  • 2009-2012. Efectos inducidos pola practica do exercicio físico aeróbico en mulleres maiores de 65 anos con deterioro cognitivo leve: Un estudo lonxitudinal. Xunta de Galicia.

2.  Proxecto de investigación  Desenvolvidos

  • 2009-2010. Estudo sobre a actividade física e deportiva en universitarios do campus de pontevedra. Universidade de vigo: hábitos, actitudes e demandas. Universidade de Vigo.
  • 2008-2009. A práctica do exercicio aeróbico como terapia non farmacolóxico e de baixo coste, en enfermos con demencia que se encontran no primeiro estadio de deterioro cognitivo leve. Xunta de Galicia.
  • 2007-2009. Estimulación cognitiva a través da motricidade para persoas maiores con indicios de dependencia leve. Obra Social Caixa Galicia y Universidade de Vigo.
  • 2007-2008. Adaptación e validación do cuestionario – LTPAI e PAHWI a poboación anciana. Universidade de Vigo.
  • 2005-2007. Análise e Categorización dos Campos de Golf en Portugal. Un estudio Piloto. Federación Portuguesa de Golf.
  • 2005-2006. Análise, Avaliación e Determinación dos Indicadores de Calidade na Intervención Deportiva e a súa repercusión na saúde orientada á Terceira Idade e Desenvolvida en Balnearios Galegos. Fundación Deporte Galego. Xunta de Galicia.