As liñas de investigación que ten definidas o grupo HealhtyFit, marcan a súa folla de ruta  no momento de debatir e definir os proyectos de investigación a desenvolver. Debido a formación dos integrantes do grupo, as liñas que na actualidade se definen como prioritarias son a base dos seus traballos de investigación cos cales compiten en convocatorias públicas de financiación:

 1. Actividade Física, Saúde e Anciáns. A promoción da actividade física nos anciáns é indispensable para diminuír os efectos do envellecemento e preservar a capacidade funcional. Derivada desta premisa, esta liña centrase en identificar e cuantificar a actividade física que debe desenvolver cada ancián segundo as súas características e posibilidades co obxectivo de facer unha intervención eficaz e eficiente.

2. Rendemento vs Saúde. Dende a antigüidade, a comunidade científica considera que o deporte de alto nivel, é prexudicial para a saúde, e está moi lonxe dos beneficios, amplamente demostrado, que a outra parte do que se coñece como un deporte de saúde (fitness) ofrece. Con todo, a vida do atleta de elite, é curta, e unha vez que remata debe integrarse nun contexto social que moitas veces e novo, o que propicia grandes esforzos por parte do deportista. O obxectivo desta liña é desenvolver directrices pautas co fin de facer máis fácil o proceso de adaptación a sociedade en atletas de elite, e así evitar o temido muro que é a adaptación.

3. Calidade, Saúde, Servizos Públicos Deportivos. No campo da xestión deportiva, a calidade dos servizos deportivos e satisfacción do usuario é unha área en desenvolvemento. Esta liña ten como obxectivo avaliar o grao de calidade nos diversos servizos deportivos públicos e privados, que son ofrecidos para a sociedade, a fin de establecer parámetros de calidade normativizados, dependendo do tipo de instalación.

4. Natación e Actividades Acuáticas. O Interese pola natación e actividades acuáticas foise incrementando progresivamente durante os últimos anos. A explosión xeral no esforzo de análise e tratamento da condición física e a saúde provocou que varias áreas das ciencias do deporte tamén estimularan a  investigación no ámbito das actividades acuáticas. Con base en elo, esta liña de investigación trata de utilizar as actividades acuáticas como tratamento non farmacolóxico en busca dunha mellora do individuo aproveitando as propiedades físicas da auga.