O Grupo HealthyFit da Universidade de Vigo é un equipo de investigación dedicado ao estudo da actividade física como unha ferramenta para mellorar a saúde en diferentes grupos poboacionais. Os seus membros pertencen a distintas institucións públicas e privadas onde desenvolven a sua labor profesional, docente ou de investigación.

O principal laboratorio de investigación está asentado nas instalacións da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no campus de A Xunqueira (Pontevedra). Nas súas instalacións podese encontrar aparataxe específico para o estudo e  analise da actividade física nun espectro poboacional moi amplo.

Nestas páxinas móstrase de forma esquematica a sua actividade investigadora nos últimos anos.

Se desexas poñerte en contacto connosco podes enviar un correo electrónico a: ghi22@uvigo.es