Rede de profesionais e investigadores do Exercicio Físico e Terceira Idade (REFyTE).

A rede de profesionais e investigadores do Exercicio Físico e Terceira Idade, xorde no seo do grupo de investigación HealthyFit (HI22) da Universidade de Vigo, debido á necesidade de crear un foro de debate, de análise de experiencias, de presentación de propostas de intervención e investigación, coa finalidade de mellorar a saúde e calidade de vida das persoas na terceira idade, a través do exercicio físico.

Obxectivos da rede

  1. Ser un punto de conexión entre profesionais e investigadores involucrados na prescrición do exercicio físico para a terceira idade.
  2. Ofrecer vía online formación actualizada no campo da prescrición do exercicio físico na terceira idade mediante a difusión dos resultados dos últimos traballos e experiencias de investigación neste campo.
  3. Presentar as distintas liñas de investigación desenvolvidas polos grupos de investigación e investigadores que compoñen a rede.
  4. Difundir as diferentes experiencias que teñan ou estean levando a cabo os profesionais que traballen no sector da terceira idade e do exercicio físico.
  5. Ofrecer un foro de comunicación, debate e posta en común de aspectos que contribúan a mellorar o coñecemento na prescrición do exercicio físico na terceira idade.
  6. Realizar as funcións de observatorio sobre as  mellores prácticas na prescrición do exercicio físico para a terceira idade.
  7. Promover a colaboración entre a Universidade e as Empresas de servizos deportivos/sociais para o desenvolvimento conxunto de proxectos no ámbito do exercicio físico e da terceira idade.
  8. Ofrecer información de interese en materia de prescrición de exercicio físico para a terceira idade:
    • Acontecementos relevantes: Congresos, cursos de formación, videoconferencias, etc.
    • Actuacións e proxectos en marcha desenvolvidos polos diferentes compoñentes da rede (actividades formativas, docencia, proxectos con empresas, proxectos con organismos públicos, convenios de colaboración, publicacións…).

Alta na Rede de profesionais e Investigadores:

Se o desexa, pode solicitar ser incluído na Rede de profesionais e investigadores do Exercicio Físico e Terceira Idade (REFyTE) utilizando o seguinte enlace: darse de alta